Mais obras nos pobos de Xinzo

Forno de Faramontaos
Mais obras nos pobos de Xinzo
45.000€ para varios pequenos proxectos das concellerías de Medio Rural e Urbanismo

O Concello está a recibir os presupostos de empresas para levar a cabo a execución de pequenos proxectos nos pobos, segundo manifestaron Amador Díaz e Moncho Gómez. En canto se reciban escollerase a mellor oferta para levar as obras.

VARIOS FORNOS

Dentro das obras a realizar está o cabo o retellado do forno de Piñeira Seca, de Faramontaos e de Seoane. Nalgún deles, como sucede no de Faramontaos as obras contemplan as portas, ventás e a limpeza e unha rampa de aceso.

IMG-20210218-WA0016Tamén contan con facerlle a “campá” ao forno de Lamas, posto que tal e como está agora é imposible utilizado, pois en canto se pecha a porta o lume apágase. Tamén neste pobo arranxarán un baño no local da escola.
Por último en Solveira porase un baño no centro social e arranxarase un cobertizo ao seu carón.
O presuposto total destas actuacións será como moito de 45.000 €.