Malestar cidadán na inauguración do bazar chino

IMG_8180
Malestar cidadán na inauguración do bazar chino

O bazar máis grande da provincia provoca axitación entre os comerciantes posto que é imposible competir en igualdade con eles

O quinto bazar chino de Xinzo de Limia está causando rebumbio. O establecemento situado na avenida de Ourense, de grandes dimensións , contará con medio centenar de prazas de estacionamento. Coa súa inauguración chegaron as protestas e os enfados. Este bazar é o máis grande da provincia con 2000 metros cadrados.

Os prezos, os horarios e a súas dimensións provocan alteracións entre os comerciante tradicionais posto que é imposible competir con eles. A pesar do mal estar da poboación, o presidente da asociación de comerciantes e empresarios de Xinzo, José Antonio Casal (en declaracións na Voz de Galicia), afirma que é normal que se produza ese mal estar entre os asociados pero, non se pode facer nada posto que cumpren coa legalidade.

Sen embargo, Casa matizou que estarían pendentes ante o posible incumprimento da norma que impide abrir en domingo a locais que superen os dous mil metros cadrados. Ademais, o alcalde, Antonio Pérez, asegurou que entendía a preocupación dos comerciantes pero, como concello, o único que se pode confirmar é que o establecemento cumpre todos os tramites.

Os veciños apresuraronse a poñer carteis de non aparcar nos lugares xa reservados por bados.