Malestar dos pataqueiros da Limia pola paralización do plan de regadíos

asociación pataqueiros da limia
Malestar dos pataqueiros da Limia pola paralización do plan de regadíos
Para o 2020 os orzamentos consignan 0,5 millóns de euros

Na reunión mantida pola Asociación de Pataqueiros da Limia constatouse o malestar dos agricultores pola paralización efectiva do plan de regadíos da Limia. As Comunidades de regadores de Corno do Monte, Lamas – Ganade, Alta Limia e San Salvador de Sabucedo foron creadas en setembro do 2004 e declaradas de interese xeral polo Estado Español en 2008, e desde entón os incumprimentos foron continuos.

Os regadores non se explican como as administracións non se dan conta que a estratexia comprobada de loitar contra o despoboamento do rural pasa pola modernización do regadío, xa que 1 hectárea de regadío crea 6 veces máis emprego e movemento económico que unha de secaño e, ademais no caso da Limia, contando coas concesións de caudais á espera de modernizar, consómese soamente o 19,73 % da recarga media anual.

Neste momento, despois dunha longa espera pola resolución da tramitación ambiental publicada favorablemente o 15 de marzo deste ano, os avances foron nulos. Sinal do pouco interese de Medio Rural é que para o 2020 os orzamentos consignan 0,5 millóns de euros cando no 2018 había 1,6 M€ e en 2019 asignáronse 4,3 M€, sen executar por suposto.

AmadorPero o pouco interese polo rural non só vén da Xunta, senón que Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ante a solicitude de cambio de localización dalgunhas sondaxes imposta pola declaración ambiental, agora piden ás comunidades identificación de parcelas, con propietarios e DNI de toda a superficie, cando a concesión é para 1/3 da superficie total e a tramitación xa estaba realizada. Deben entender as administracións que toda esta burocracia á que se ten sometidos aos produtores agrarios no é fácil de seguir e fomenta o abandono.

Amador Díaz -Presidente Asociación de Productores de pataca da Limia

Os pataqueiros solicitan a Medio Rural que se inicien xa o 60 % dos pozos que teñen a tramitación completada, axilícese a burocracia para o resto e que se reúna a comisión de seguimento canto antes para poder achegar a ampla experiencia que estes teñen en infraestruturas de rega, e así poder axudar á mellor xestión dos investimentos.

Tamén foi obxecto de debate a, parece que inminente, declaración da Limia como zona vulnerable por nitratos e o paradoxo de que, segundo o presidente dos pataqueiros, os controis de augas subterráneas oficiais de Confederación dean negativos, sendo a media da serie histórica 2010-2018 de 14,69 ppm e estando o límite en 50 ppm. Aparecendo logo niveis de nitratos superiores augas abaixo, sinal de que a contaminación non é difusa, por abonado de cultivos, senón por verteduras a leitos, responsabilidade esta “invixiando” das administracións.

As Comunidades de regadores e a Asociación reflectírono nas súas alegacións e se a administración persiste en desviar a súa responsabilidade cara os agricultores, estes decidiron todas as medidas de presión e xudiciais que sexan necesarias.