Manuel Baltar: “Galicia e Ourense van apostar pola colaboración institucional e non pola submisión a Madrid”

Manuel Baltar: “Galicia e Ourense van apostar pola colaboración institucional e non pola submisión a Madrid”
Marisol Díaz, cabeza de lista, pediu o voto para un novo goberno Feijóo como única opción “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia tamén se convirta nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou que o próximo día 12 de xullo “Galicia e Ourense van apostar pola colaboración institucional e non pola submisión a Madrid, a tomar as nosas decisións e non agardar a que nos digan que hai que facer”. Baltar pronunciou estas palabras nunha apretada xornada de campaña na que a cabeza de lista popular, Marisol Díaz, pediu o voto para un novo goberno Feijóo como única opción “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia tamén se convirta nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”.

Manuel Baltar chamou a atención sobre o espírito de colaboración e cooperación do que fai gala o PP alí onde goberna. “Poden dicilo os alcaldes que acoden á Deputación, e podemos dicilo desde o goberno provincial cando formulamos propostas que teñen como obxectivo único o interese xeral de Ourense”.

“A nosa visión integral de provincia permítenos detectar as necesidades futuras dos ourensáns –sinalou Baltar- buscando se é preciso a cooperación das administracións”. O presidente dos populares galegos puxo como exemplo o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, “rexeitado por uns pero no que a Deputación de Ourense viu unha excelente oportunidade de traballar da man da Xunta, sabedores da necesidade de profesionais cualificados”.

Iso é colaboración, subliñou Manuel Baltar, “e non esa inquina coa que actúan outros representantes políticos afogados no odio e que só entenden a cooperación entre administracións do seu propio color político, pero postas ao seu servizo como fixo Villarino coa Subdelegación do Goberno instigando a revisión de legalidade das axudas a autónomos e pemes da Deputación”.

Baltar insistiu en que o domingo de votación a xente acoda ás urnas e “apostedes polas portas abertas na Xunta con Feijóo ou un cortixo con acceso restrinxido segundo o carné de dez partidos”.

MARISOL DÍAZ: “DAMOS CERTEZAS PARA QUE OS EMPRESARIOS XEREN EMPREGO E OS NOSOS MAIORES PODAN MOVERSE SEN RISCO E AS FAMILIAS CONCILIEN MELLOR”

MARISOL DÍAZ.docxA cabeza de lista do PP por Ourense, Marisol Díaz, pediu o voto para un goberno de Feijóo como única opción, dixo, “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia se convirta tamén nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”.

Díaz advertiu que o programa de todos eses partidos ten un único punto: botar ao PP e a Feijóo da Xunta, “e para iso utilizan todo tipo de argumentos catastrofistas”. Por unha banda o desemprego, sinalou, “cando as cifras do paro de maio din que en Ourense descendeu o número de parados e aumentaron as afiliacións á Seguridade Social”. Con todo, puntualizou, “o emprego vaise resentir con esta crise, pero o certo é que a destrución de postos de traballo en Ourense e Galicia contense polo de agora”.

Tamén se referiu Marisol Díaz á próxima apertura dos centros de día, “que xa vimos anunciando, aínda que os demais partidos non se enteren porque non escoitan ou non queren escoitar”. Neste sentido asegurou que a intención da Xunta era abrir os centros de día coa máxima protección para os maiores, unha vez que tivesen formado ao persoal e que se fixeran os protocolos de prevención e fosen aprobados polas autoridades sanitarias, ofrecendo entre tanto un bono-concilia para que as familias contratasen coidadores”.

Dous claros exemplos “do que fai un goberno responsable: dar certezas coas súas medidas para que os empresarios podan crear máis postos de traballo e reactivar a economía, e dar confianza para que os nosos maiores podan moverse sen risco e as familias podan conciliar mellor”, rematou.