Manuel Cabas candidato a alcaldía polo PP

IMG_5438
Manuel Cabas candidato a alcaldía polo PP

Baltar deu o visto e prace a candidatura do alcalde en función

Na tarde de hoxe martes, un día despois do previsto reuníronse en Xinzo co presidente provincial do partido os concelleiros da candidatura do PP no actual goberno ademais do nº 12 da lista Isidoro Sánchez Blanco.

A reunión non asistiu Luís M. Gil, por atoparse indisposto e Montse Lama .

CANDIDATO EN FIRME

Despois desta semana, na que os medios de comunicación informaban de certos desencontros entre os concelleiros do PP, na reunión desta tarde quedaron aclaradas as distintas dúbidas e confirmouse como candidato a seguir levando a alcaldía de Xinzo a Manuel Cabas.

Unha vez rematada a reunión ó xa candidato, manifestou o seu agradecemento a tódolos compañeiros presentes polo apoio incondicional ofrecido para continuar coas cuestións que deixaran encamiñadas Antonio e Casas, ademais de prantexarlle ao presidente da Deputación, algúns proxectos xurdidos nestes escasos días nos que foron moitas as horas de reunión, tanto para analizar o pasado e pórlle fronte ao futuro, que non dubida en que sexa moi frutífero.

Isidoro , Concelleiro de Medio Ambiente

Outra das decisión que se tomaron na reunión, foi a de que o concelleiro entrante Isidoro Sánchez, colla as concellerías que ata agora levaba Cabas, igual que se fixo no cambio anterior, para que así todo o mundo siga traballando sen perder un minuto e tratando de sacar adiante aqueles proxectos que xa se estaban preparando , ademais que administrativamente cada un xa segue traballando co presuposto que tiña asinado sen ter que facer cambios no organigrama municipal.