Manuel Fariñas tamén colaborará con dendealimia

Manuel Pozo
Manuel Fariñas tamén colaborará con dendealimia

Enxeñeiro de telecominicacións dende 1999 pola Universidade de Vigo. Vive en Xinzo e forma parte da xunta directiva do CEIP Carlos Casares

O propio Manuel quixo que como punto mais importante do seu extenso currículo aparecese que é de Xinzo.

Pero ademais diso, desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional en Egatel, empresa na cal comezou a traballar no ano 2000 e na cal sege tras máis de 15 anos en Ourense, avanzando tanto profesionalmente como persoalmente.

Nestes momentos, a adicación na empresa é a dirección dos proxectos de I+D que Egatel aborda dentro da súa estratexia de diversificación de produto. Esta tarefa obrígao a estar en permanente contacto cun gran número de axentes de I+D tanto nacionais como internacionais.

Tamén ten que viaxar moito pero procura voltar rápido a terra, para ocuparse da súa familia e dun anaco de terra para sementar.

As súas colaboracións versarán sobre os temas de comunicación en todas as facetas do mundo moderno que nos tocou vivir.

Primeiro artigo