Manuel Pérez Campos repite como cabeza de lista do XA

IMG_7425
Manuel Pérez Campos repite como cabeza de lista do XA

Na noite do venres o Grupo do XA tiña convocada unha asemblea aberta a toda a veciñanza do Concello de Xinzo, para a elección do nº1 nas súas listas de cara ás eleccións municipais de maio do ano que ven.

A man alzada e con unha soa candidatura, foi elixido por unanimidade ao portavoz actual do partido e fundador do mesmo Pérez Campos.

IMG_7432Finalizada a votación, o xa candidato dirixiuse aos presentes para facer unha análise dos acontecementos dos últimos anos no Concello.

Xa son dous os candidatos elixidos para as municipais en Xinzo, repetindo as mesmas persoas tanto no BNG, como no XA.