O MEL DENUNCIA A GRAVE SITUACION QUE ESTA A SUFRIR A LIMIA COA XESTION DOS PURINS

descarga de purins. Foto OuD.
O MEL DENUNCIA A GRAVE SITUACION QUE ESTA A SUFRIR A LIMIA COA XESTION DOS PURINS

Na planta de Sarreaus so se trataban uha cantidade mínima das toneladas que se xeran na comarca, 120.000 fronte as 650.000 totales.

Nas derradeiras semanas vimos asistido a una serie de declaracions por parte de ADEGAL e o propio Concello de Xinzo sobre a problemática ambiental que pode ocasionar a paralización , xa efectiva, da planta de tratamento de Purins de Sarreaus propiedade de COREN.

Sobre todo esto o MEL ( movemento ecoloxista da limia ) fai as seguintes aclaracións:

A citada planta nunca resolveu o grave problema dos puríns, xa que na mesma so se trataban uha cantidade mínima das toneladas que se xeran na comarca, 120.000 fronte as 650.000 totales.

O funcionamento da planta, diseñada para tratar esa mínima cantidade nunca foi adecuado, e de todos é sabido e coñecido, ainda que calado, as continuas verteduras que a mesma facía directamente o canal da antigua lagoa de Antela.

A fin último da mesma non era tratar purín senón producir electricidade subencionada que logo se vendía a prezo de mercado a compañía eléctrica, facendo un lucrativo negocio .

Cal é a situación actual: que a comarca da limia estase a convertir nunha esterqueira, onde moitas das suas terras so se labran, non co fin de producir pataca ou cereais, senon para que sexan receptoras de purín porque non hai onde botalo.

Se temos en conta que o código de boas prácticas agraria establece como dosis de abonado 30 metros cúbicos por hectárea, na limia farian falla 20.000 hectareas a pleno cultivo para poder absorver todo o purín que xeran as granxas ubicadas nesta comarca. Pero a todo esto ainda lle hai que engadir toda a gallinaza (pito ) e o producido nos cebadeiros de vacún, ademáis de todo adubo mineral .

O modelo gandeiro da comarca é moi chamativo: grandes explotacions intensivas donde toda a alimentación é a base de pienso importado, e mentras tanto as terras nas que se asentan estas explotacions se labran co único fin de absorver a grande cantidade de residuos que as mesmas xeneran.

Certo é que os labregos e gandeiros teñen dereito a producir e gañar cartos, pero tamén teñen a obriga de de respetar minimamente o entorno no que desenvolven a sua actividade.Basta xa de ir de victimas cando moitas das subvencions que a administración lles concede e co obxetivo de manter unas practicas respetuosas co medioambiente, cousa que na Limia se incumpre de forma xeralizada.

As terras son privadas, pero o aire a auga, a paisaxe e de todos e todos temos o dereito o seu disfrute.

Durante o dia , a noite, festivos… o aire da limia ,e irrespirable. O pu,in botase con chuvia con xeadas, a beira dos ríos e regatos todo o contrario do que establece no código de boas prcticas agrarias.…. e mentras tanto as Consellerias do medio Rural e Medioambiente miran para outro lad0.

E por todo isto que o mel remitirá nos próximos días una denuncia a fiscalia para que investigue todo o que esta a pasar.

Ademáis disto formulará queixa ante o valedor do povo por deixadez de funcions das Consellerías citadas e mesmo porá os feitos en coñecemento da comisión europea,

Actuamos como un país terceiromundista (, con todo o repeito que merecen), producir carne a moi baixo precio a consta dun daño casi que seguro irreversible o entorno.

Pobre exemplo de fomento da economía rural son as granxas de Coren na Limia e triste lavado de cara o da Fundación Coren onde si seguro se lles ensinara os escolares que as visiten uns porquiños moi bonitos e una hortiña moi ben coidada e libre de cheiros.