Melocotóns e cereixas por atraccións

feirantes 1
Melocotóns e cereixas por atraccións

En pouco mais de catro horas o escenario da explanada do toural mudou completamente

A partir das catro da tarde e sen terlle medo aos máis de trinta grados , os feirantes que lle darán colorido e diversión as festas de Sta. Mariña, \“adueñáronse\” da explanada do Toural. En poucas horas as hortalizas e as froitas de tempada, así como a roupa de saldo mudou por ferros , rodas e moito colorido.

O TRABALLO AGORA TAMÉN É DAS MULLERES

Non hai festa que se precie que non teña a mítica pista dos cochiños eléctricos. Achegámonos nesta ocasión, á que dende fai moitos anos se achega a Xinzo polas festas.

O primeiro que nos chocou non foi ver a fronte da mesma a un home , xa curtido en mil batallas, se non que os compoñentes do equipo, eran en maioría mulleres.

A que levaba a voz cantante, a filla do patriarca, é unha muller, lóxicamente con moito carácter e con voz de mando. O primeiro que quixo manifestar é que isto das festas dera un cambio moi radical. Agora non se poden pagar por estar nas festas as cantidades de fai 10 anos. A crise chegou para todos.

Nos para ir a unha festa como esta, que dito sea de paso, baixou moito de público, tennos que cobrar pouco, se non, os noso custes son tan altos que non nos merece a pena. Tamén nos di que o sector está moi ben organizado (case todos somos familia), de tal maneira que si alguén decide non asistir, por motivos económicos, esa festa quédase sen esa atracción. Neste caso falaba da emblemática \“pista\”.

Máis de 8 horas leva montar a atracción, despois de usar tres tráiler para traer todo o material.

Ela leva vindo as festas de Xinzo máis de 15 anos. Comenta tamén antes de \“poner mans a obra\” que todas as atraccións desa banda do toural, son familiares, sendo ela neste caso casada na zona de Maside.