O martes pola mañá,reuníronse a Comisión de Festas de San Xoán con representantes do concello de Xinzo, entre os que estaban o Alcalde López Casas o Concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude Luís M. Gil e o Técnico de Cultura Alfonso C. Lois.
A comisión, encabezada por Iago Taboada, celebrará o s días 23 e 24 de xuño as festas na honra de San Xoán no barrio do Polígono de Xinzo de Limia. Para levar isto a cabo, pediu asesoramento ao concello para temas como a fogata, a pirotecnia, os permisos necesarios para realizar a festa... A comisión tamén pretende poñer inchables para os nenos e nenas, convocar unha carreira de obstáculos para os máis pequenos, actos litúrxicos, celebrar a noite de San Xoán con concertos e realizar unha cea.
Nesta primeira toma de contacto, o Concello comprometeuse a estudar as peticións da asociación para que o evento teña as infraestruturas necesarias para o bo desenrolo e desfrute da festa.