A oposición presenta unha moción conxunta solicitando a rectificación do proxecto da Avenida de Celanova

110
A oposición presenta unha moción conxunta solicitando a rectificación do proxecto da Avenida de Celanova

O PSdeG-PSOE, o grupo mixto-BNG e Xinzo Adiante (XA) rexistraron esta mañá no concello unha moción para que o goberno local rectifique un proxecto que contempla a destrucción de 56 árbores.

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia vén de rexistrar un moción conxunta, cos grupos municipais de Xinzo Adiante (XA) e o BNG, na que lle esixen ao grupo de goberno que se posicione en contra da tala indiscriminada de árbores prevista na reforma da avenida de Celanova. Debido á alarma social xerada, da que xa se fixeron eco os socialistas hai días, os grupos da oposición presentan esta iniciativa destinada a rectificar o que consideran unha \“agresión medioambiental sen precedentes\”. No texto da iniciativa sinalan que o proxecto de remodelación da consellería contempla a tala de 56 árbores, o que \“a todas luces supón un atentado contra o que chamamos humanización do entorno e contra o patrimonio común\”.

A portavoz socialista no pleno municipal de Xinzo, Elvira Lama, asegura que \“non se trata de paralizar a remodelación da avenida, xa que non estamos en contra de que se acometa esta reforma, moi necesaria, e que se dote á vía de mellores servizos de abastecemento, saneamento, beirarrúas e unha nova pavimentación, pero si que nos opoñemos a que a obra se a faga a costa do noso medio natural mais señeiro\”.

Os socialistas consideran que todos os grupos políticos lle deben, cando menos, \“respecto e compromiso polo entorno\” e, sobre todo, \“garantir o dereito dos veciños e veciñas de Xinzo a contar cuns servizos humanizados e sostibles\”. Sinalan a grande \“incongruencia\” do goberno de Xinzo xa que asina plans de concello sostible e, o mesmo tempo, é incapaz de frear un auténtico arborecidio. \“O goberno presidido por Antonio Pérez ten a oportunidade de rectificar no vindeiro pleno do 27 de abril, mesmo antes, nas comisións que deben informar sobre a cuestión\”, aseguran os socialistas de Xinzo. Elvira Lama recorda que \“de non ser pola mobilización popular e polo noso labor á hora de solicitar o polémico proxecto, estou convencida de que o alcalde e o seu equipo seguirían adiante con este atentado medioambiental, sen estudar posibles alternativas. Agora cómpre ver de lado de quen están, ou da veciñanza ou do que lles ordenan dende a Xunta\”.