O Mercado de Nadal porá en valor o traballo artesán cunha mostra de bordado ao aire e un obradoiro de iniciación ao modelado de barro

Mercado artesanal de Nadal en Xinzo
O Mercado de Nadal porá en valor o traballo artesán cunha mostra de bordado ao aire e un obradoiro de iniciación ao modelado de barro
A primeira proposta de bordado será impartida por Moura, mañá en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Nestas datas, o goberno local segue apostando por axudar ao comercio local e por ofrecer unha programación que, a pesar da pandemia, poida involucrar a todos os veciños. Son moitas as propostas cu lturais e de lecer organizadas para os próximos días.

IMG-20211215-WA0001

A praza Carlos Casares é o punto neurálxico do Nada de Xinzo. Neste espazo instalouse por primeira vez unha pista de patinaxe sobre xeo e un atractivo mercado con artigos artesanais, ademais de produtos típicos e de proximidade. Co fin de revalorizar o traballo daqueles que empregan as súas mans como principal ferramenta e a produción máis tradicional, o Concello, a través da Concellería de Cultura, programou unha mostra de bordado ao aire e un obradoiro de iniciación ao modelado de barro en torno.

A primeira proposta de bordado será impartida por Moura, mañá en horario de 17.00 a 19.00 horas. O obradoiro de iniciación ao modelado de barro en torno será dirixido pola Olería do Batán, o venres en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Cómpre destacar que o mercado de Nadal de Xinzo de Limia conta cun total de dez postos que ofrecen diversos produtos e o número de visitantes está controlado co fin de cumprir coa normativa polo covid-19. Tanto a pista de xeo coma o mercado abrirán de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas, mentres que a fin de semana e os festivos serán de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

IMG-20211215-WA0000