Comezará o luns 11 e rematará o sábado 16 de abril. Este día instalarase na praza Maior un globo xigante no que estarán a voar premios que consistirán en vales de compra nos propios comercios da vila.

Vales de compra por 20 €
Por cada ticket de compra nos comercios da vila poderás entrar no globo xigante que estará cheo de aire e tratarás de coller un dos premios que estarán a voar dentro do mesmo.
Cada ticket de 20 € darache opción a “pescar” un premio no aire.
Prazo ata o 24 de abril
Os agraciados con vales (premio), terán ata o 24 de abril para facer efectivos os seus premios mercando novamente nos establecementos asociados a ProLimia.
PREMIOS POR VALOR DE 1.000 €

Os Premios que estarán dentro do globo para esta campaña sumarán 1.000 €. Cada persoa que se achegue con vales que sumen 20 € de compra terán dous minutos dentro do globo para coller cantos premios poida. Como nas atraccións de feira, cantos máis vales de compra que acaden 20 € máis oportunidades.
Presentación da campaña no salón de plenos esta mesma tarde.
Esta mesma tarde foi presentada a campaña no salón de premios do concello, na que estiveron presentes ademais das membros da xunta directiva a alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de Comercio.
O custe total da campaña, menos os premios é financiada polo concello de Xinzo.