Un millón de euros en axudas para paliar a crise económica de Xinzo

Un millón de euros en axudas para paliar a crise económica de Xinzo
Proposta que levará ao vindeiro pleno o PP de Xinzo

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo os seguintes acordos:

1.- Instar ao Concello de Xinzo de Limia a crear unha bolsa de axudas no presuposto 2021 de 1 millón de € para paliar a crise económica no noso Concello.

2.- Instar a Concellería de Facenda do Concello de Xinzo de Limia a que empece a traballar nas bases da repartición desta gran bolsa de axudas para poder ser efectivas unha vez aprobado o presuposto 2021.

Estamos sumidos nun momento difícil e complicado, un momento de angustia para veciñanza do Concello de Xinzo de Limia polo desorbitado número de positivos pola Covid 19, que por desgraza crece cada día, sen ver a corto prazo, a baixada de contaxios.

Estamos sumidos nun momento difícil e complicado, un momento de angustia para a veciñanza do Concello de Xinzo de Limia polo estado económico da hostalaría, do comercio, das pequenas empresas, de autónomos ou de moitos dos fogares. Un momento económico complicado lastrado polo confinamento e polas restricións, as cales en breve, serán máis prohibitivas, afogando case de todo a gran parte da nosa cidadanía.

Con pena e dor, non imos poder festexar o noso Entroido, festexo que aparte de supor unha tristura sen parangón, supón un golpe moi importante para gran parte do noso sector económico. Un duro golpe para a facturación e os ingresos da nosa vila, concello e comarca.

En momentos complicados, a xente espera dos seus gobernantes e as súas institucións que tomen as medidas necesarias para facer fronte a estas situacións. A xente está esperando que o Concello tome esas medidas, grandes medidas, medidas que axuden a soportar a lousa que se leva arrastrando e que será máis pesada nos vindeiros meses.

Medidas que de verdade poda facer un concello, non as que se toman a desesperada e tarde cando o problema xa nos superou e non o evitamos antes. Aparte das medidas restritivas hai que tomar medidas económicas. A foto e o titular ao que están acostumados os nosos veciños e veciñas non chega para paliar esta crise.

Neste momento hai que facer esforzos económicos e xuntar as partidas necesarias e facer unha gran bolsa de axudas para a veciñanza do Concello de Xinzo de Limia; bolsa que pode chegar a 1 millón de €.

Bolsa de Axudas que sae de anexionar á bolsa de continxencia do presuposto 2020, o superávit (arredor de 500 mil €), gran parte do capítulo de inversión ( uns 300 mil €) e partida do Concello para a celebración do Entroido 2021 (sobre 75 mil €). Un total de 1 millón de €.

O Grupo de Goberno que se deixe por unha vez do “Vendo que fago moito cando non fago nada” e se aplique o de “Quen quere facer algo encontra o medio” e o Concelleiro de Facenda ten o medio e as partidas para xerar o millón de €.