Mitin “case que en familia” do PP en Xinzo

portada
Mitin “case que en familia” do PP en Xinzo

O compromiso era non superar o aforo de seguridade

cats

portada

Durante os últimos días os membros da directiva do PP en Xinzo afanáronse por manter case que en absoluto secreto a presenza do Presidente Feijóo na tarde de onte, invitando persoalmente aos militantes e simpatizantes, pero recomendando a súa vez que de cada familia so viñese unha persoa, pois as ordenes de número de aforo eran moi estritas.

Cun escenario pouco habitual, polas circunstancias, pero cunha tarde/ noite moi boa tomou a palabra primeiramente Marisol Díaz que ademais de ser a número 1 da lista por Ourense e Limiá. Ao remate subiu ao atril o Presidente Provincial do Partido Manuel Baltar, para animar un pouco máis aos 140 “escollidos” rematando as intervencións co candidato a Presidente e actual Presidente da Xunta Feijóo.

Mitin PP-Xinzo011Mitin PP-Xinzo010Mitin PP-Xinzo009Mitin PP-Xinzo008Mitin PP-Xinzo007

Mitin PP-Xinzo005Mitin PP-Xinzo004Mitin PP-Xinzo003Mitin PP-Xinzo002

Mitin PP-Xinzo001