Un móbil con “Patas”

telefono móbil
Un móbil con “Patas”

Dende A Sainza ata Dakar

Segundo aparece publicado polo xornalista Sindo de La Voz de Galicia ese foi o percorrido (ata o momento) que seguiu un móbil de alta gama dende o 24 de setembro ata que se localizou en Dakar.

V.C.P é o nome do propietario do aparello que o acompañou o pasado 24 de setembro, festas da Saínza, ata o momento en que, segundo comenta o seu propietario ao xornal, deuse conta de que desaparecera do seu peto. Ante esta situación o mozo decidiu comprar outro aparello e non denunciar o caso na Guarda Civil.

Xa esquecido o sucedido V.C.P, sorprendeuse a semana pasada cando o localizador que estes aparellos de última xeración levan incorporados, activouse. Mediante o código de localización, ?atopou? a situación da súa móbil nunha mesquita da cidade de Dakar.A última acción que tomou o propietario, ante a inutilidade de facer agora a denuncia, foi enviar unha mensaxe o actual \“propietario\” para que non intente usar outra vez o móbil nin usar os seus datos.Si así fora, si que tería que facer a denuncia, pero desta, xa non polo roubo, se non algo moito máis grave.