A Mobile Week chega a Xinzo

Mobile Week en Xinzo
A Mobile Week chega a Xinzo

Analizará a Tecnoloxía no ámbito agrícola e rural

A Deputación Provincial dentro do programa da Mobile Week 2022 na provincia, traerá mañá a partir das 10:00 unha xornada a impartir no Centro Agrogandeiro da Limia, dependente do Inorde.

Enma González, xerente do Inorde, será a encargada de abrir a xornada que rematará a mediodía coa ponecia de Dixitalización e optimización do rego para optimizar os recursos e aumentar a productividade.

PROXECTO GUARDIAN

Ás 10:30 presentarase o programa de loita contra os incendios GUARDIÁN para continuar coa ponencia dedicada a “aposta por un rural sostible e ecolóxico.

Rematarán a xornada da Mobile Week en Xinzo para tratar o tema da auga como vector de transformación e adaptación territorial fronte ós efectos do cambio climático a través da dixitalización.