Moción do PP de Xinzo para que o Concello tome medidas coas compañías de telefonía, principalmente R.

Moción do PP de Xinzo para que o Concello tome medidas coas compañías de telefonía, principalmente R.

As protestas dos veciños á compañía son continuos e de momento segundo puidemos saber non teñen plans de mellora.

Os problemas vanse incrementar co traballo on line e non digamos se volve un confinamento escolar

O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha moción para debater e aprobar no vindeiro plenario que se celebre no Concello de Xinzo os seguintes acordos:

Instar a R e ao resto das compañías de telecomunicación que operan no Concello de Xinzo de Limia a:

1.- Que solucionen, o antes posible, para que a velocidade de internet real sexa a mesma que usuarias e usuarios teñen contratada.

2.- Se devolva a cada cliente o cobrado de máis en cada factura pola velocidade de internet contratada que non foi servida.

3.- Se melloren as coberturas e as velocidades en cada poboación do noso Concello.

Entender o noso día a día sen internet e unhas boas telecomunicacións é imposible. A necesidade de estar conectado co mundo tanto sexa por traballo, estudos, información ou actividades lúdicas, fai da súa gran importancia.

Un día a día con restricións de mobilidade, de confinamentos ou de horas e horas nos fogares; a necesidade dunha boa cobertura telefónica e unha boa velocidade fan máis lavadoiro e sinxelo o tempo que nós toca vivir.

En cambio encontramos que isto non se está a cumprir no noso Concello. Chega con ler as queixas que aparecen nas RRSS, que se poden escoitar a veciñas e veciños ou as incidencias recibidas na oficina do Consumidor; demostra que as empresas de telecomunicacións que operan en Xinzo e arredores non cumpren coas velocidades que se firman nos contratos.

Un exemplo está nos contratos de R, única empresa con fibra no noso Concello, onde a veciñanza protesta pola gran diferenza da velocidade contratada á que de verdade está operativa tanto para descargas, vídeo chamadas ou para ver a tv.

A resposta que lle dan dende a empresa é que Xinzo conta cun só “ Nodo”, o cal se satura con facilidade e por iso non se dá o servizo contratado. E non se lle está a dar solución algunha.

Problemáticas parecidas están a ocorrer coas diferentes compañías, sendo as queixas numerosas entre a nosa cidadanía.

Dende o Grupo Municipal Popular do Concello de Xinzo de Limia queremos que o Grupo de Goberno, vía aprobación no plenario, tramite coas empresas de telecomunicacións a mellora dos seus servizos acorde co que están a facturar e acorde coas necesidades que hoxe en día temos.