MOCIÓNS REXEITADAS POLO GRUPO DE GOBERNO

aalcalde no pleno
MOCIÓNS REXEITADAS POLO GRUPO DE GOBERNO

MOCIÓNS REXEITADAS POLO GRUPO DE GOBERNO

O grupo de goberno foi rexeitando as mocións presentadas polo PSOE e XA, referentes a irmandade con Montalegre, a dos parques infantís e a axuda de comedores ós escolares transportados. Na primeira delas porque entenden que é unha moción cuxos argumentos oportunistas presentando unha moción o grupo de goberno para a creación dun GRUPO TRNSFRONTERIZO SERRA DO LAROUCO\” no que entren os concellos de Baltar, Cualedro, Xinzo e Montalegre, para así poder acceder a subvencións do INTERREG, que é realmente o que se necesita para facer cousas.

MEMBROS XAROGOS E PREGUNTAS: Contas das festas e comisión do entroido

Entre as varias preguntas de PSOE e XA, este último quería saber cando se darían as contas das festas, e sobre todo si era verdade que o entroido o ían organizar os mesmos membros, sen darlle opción a outras persoas.

Neste caso contesto o concelleiro de festexos de que el fora quen os nomeou. Tomou a palabra o alcalde para contestar que xa estaba un pouco cansado de tanta \“predicación\”. Que na primeira reunión unha membro do seu grupo se apuntara para participar da comisión, pero na segunda xa non quixo. Unha cousa e criticar e outra pórse a traballar.MEMBROS PSOE

IR POR LÁ, E SAÍR TRASQUILADO…

Todos coñecemos o refrán, pois o Alcalde nese momento insistentetemente ofreceulle a todos os membros da oposición que xe fixeran cargo da organización do Entroido, na súa totalidade, que o Concello achegaría a cantidade que acostuma e que foran eles quen o fixeran. Por tres veces esperou a contestación, pero a oposición quedou calada.

Continuaron as preguntas e respostas por parte do alcalde a cada unha delas oralmente e despois de tres horas rematou o pleno.