lunes. 20.03.2023

Un home faleceu afogado esta noite no encoro das Conchas, en Bande. A vítima fora bañarse ao serán á zona da desembocadura do río Cadós.

Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 ás 23:00 horas de onte. Segundo relatou, o varón estaba na auga cando, de súpeto, desapareceu. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Muíños, a Protección Civil e á Garda Civil. 

Os efectivos de emerxencia puxeron en marcha un operativo de busca da vítima. Contra as 00:00 horas localizaron o seu cadáver, que foi trasladado a terra nunha embarcación. 

Comentarios