Motorista ferido grave en Trasmiras

IMG-20190916-WA0013
Motorista ferido grave en Trasmiras

Tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado

Un motorista de nacionalidade italiana sufriu un accidente coa súa moto no Km. 182,900 da autovía A-52 no termo municipal de Trasmiras.

O accidente tivo lugar ás 17:50 e ata o lugar do sinistro desprazáronse unha patrulla de motoristas de tráfico do destacamento de Verín, así como un equipo de atestados.

IMG-20190916-WA0012

O motorista caeu da moto saíndose da estrada e chocando posteriormente coa barreira de seguridade " bionda metálica”. Ata o lugar achegáronse dúas ambulancias do 061, tendo que ser trasladado en helicóptro ata o CHOU, con feridas de pronóstico grave.