O Movemento Ecoloxista da Limia defende ao presunto pirómano dos Blancos detido o mércores

636440237323791259w_1
O Movemento Ecoloxista da Limia defende ao presunto pirómano dos Blancos detido o mércores

Dende a asociación ecoloxista afirman que o detido é "un cabeza de turco da administración ante a sociedade".

O Movemento Ecoloxista da Limia saiu este xoves á palestra, trala detención do suposto autor dun lume nos Blancos o pasado domingo, para defender ao acusado. Dende a asociación ecoloxista afirman que "polo momento", nada puideron saber do que aconteceu "porque M.M.N. estivo incomunicado dende a sua detención o pasado mércores".

Segundo un dos voceiros da asociación, o detido "leva toda a súa vida loitando a prol da natureza".

Dende o MEL queren facer fincapé "na sua loita incansable na protección medioambiental da comarca da Limia" e negan que o detido fora fundador da agrupación.

Segundo un dos voceiros da asociación, o detido "leva toda a súa vida loitando a prol da natureza e participou de xeito voluntario dende sempre apagando lumes". "Non entendemos nin sabemos que é o que puido pasar pero aseguramos dende este grupo que non puido ser algo intencionado", aseguran. Así mesmo, afirman que puido ser froito "do grave estado depresivo no que se atopaba ultimamente".

"Miguel non é un pirómano nin ten antecedentes por queima de rastrollos tal e como se afirma nos medios, senon simplemente un cabeza de turco ante a sociedade para que a administración lave a súa imaxe polas cuestionadas e erradas políticas que se están a levar a cabo no rural galego", conclúen dende o Movemento Ecoloxista da Limia.