jueves. 23.03.2023

A muller española con maior responsabilidade na ONU puxo broche de ouro á semana do 8-M máis exitoso

Ana Peláez é a primeira española e a primeira persoa con discapacidade que preside o órgano da ONU para a eliminación da discriminación contra a muller

Cunha conferencia de Ana Peláez, presidenta do comité da ONU para  a eliminación da  discriminación contra as mulleres e a muller con maior responsabilidade en Nacións Unidas,  o Concello de Xinzo puxo broche de ouro a unha semana do 8-M tan reivindicativa coma sempre, pero especialmente exitosa.

Primeiro polo nivel das persoas que participaron nela, como a propia Ana Peláez, ou a calidade e viralización da campaña institucional, tamén de altísima calidade e orixinalidade, feita en Xinzo e na que participaron 6 mulleres representando a todas as do concello e que son exemplo de vida e superación.

A campaña consistiu en versionar a icónica portada que Times adicou as mulleres que protagonizaron o #MeeToo, acompañada de seis vídeos, un de cada protagonista da versión limiá, nos que cotan a súa experiencia.

. En Xinzo, nunha Casa da Cultura practicamente chea, exhibiu o seu compromiso coa axenda feminista e con obxectivo irrenunciable de poñer os dereitos das mulleres e nas nenas por diante, facendo fronte ás narrativas contra a ideoloxía de xénero ou o negacionismo da violencia machista.

Aínda hoxe mesmo, dentro das actividades programadas polo 8-M tamén tivo lugar unha andaina polo río Limia, na que participou a alcaldesa, Elvira Lama, pois sigue habendo actividades programadas ata final de mes.

A muller española con maior responsabilidade na ONU puxo broche de ouro á semana do 8-M...