miércoles. 06.07.2022

“Mulleres Emprendedoras en Acción"

O presidente da Deputación inaugurou a xornada final do proxecto “Mulleres Emprendedoras en Acción”, da Universidade de Vigo e a CEO: “Un acto que pon de relevo a forma de traballar de Ourense e reivindica o talento do noso Campus”

-12.00 horas: “We’re in! Mujeres en acción”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura o evento “We’re in! Mujeres en acción”, proxecto de emprendemento dirixido a mulleres que será presentado a continuación pola profesora Elena Rivo, a presidenta da CEO, Marisol Novoa e a Deputada Provincial, Luz Doporto Real. O acto tamén contará coa intervención da deputada Luz Doporto e de emprendedoras ourensás. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
“We’re in! Mujeres en acción”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugurou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel o evento final do proxecto “Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción)”, unha iniciativa europea destinada a estimular o emprendemento feminino no que levan traballando dende 2019 a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a Universidade de Vigo, e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar, que estivo acompañado na apertura da xornada pola profesora Elena Rivo -investigadora principal por parte da UVigo neste proxecto-, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, resaltou que este acto “pon de relevo a forma de traballar dende Ourense, reivindicando o talento do noso Campus. Este evento fala de visibilidade, emprendemento, territorio… e de futuro”.

O presidente da Deputación definiu o escenario actual como “cheo de dificultades, unha encrucillada na que nos está tocando vivir a todos, tanto colectivamente como de maneira individual, pero de enormes posibilidades. E creo que na captación desas posibilidades é onde temos que marcar a diferenza, e estamos a facelo”.

-12.00 horas: “We’re in! Mujeres en acción”.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura o evento “We’re in! Mujeres en acción”, proxecto de emprendemento dirixido a mulleres que será presentado a continuación pola profesora Elena Rivo, a presidenta da CEO, Marisol Novoa e a Deputada Provincial, Luz Doporto Real. O acto tamén contará coa intervención da deputada Luz Doporto e de emprendedoras ourensás. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
 Elena Rivo, a presidenta da CEO, Marisol Novoa e a Deputada Provincial, Luz Doporto Real. 

Superada a pandemia, resalta Baltar, “ábrese un abano importante de opcións ante a que temos que estar atentos. A Deputación é moi consciente deste reto, e por iso presidimos a asociación europea de cidades históricas termais ou a asociación europea de gobernos intermedios. Temos que impulsarnos a través da colaboración público-privada e organizándonos a través de entidades, de asociacións e federacións que loitan polo interese xeral do colectivo, apostando polo termalismo e apoiándonos no AVE”.

Manuel Baltar lembrou a importancia de ter “interlocución directa” coas administracións europeas para acadar financiación comunitaria para proxectos como “Mulleres Emprendedoras en Acción” ou “EmprendOU”. “E o acto de esta mañá é un reflexo claro desa capacidade de interlocución, desa capacidade de xerar fondos e da materializalo en proxectos como este e por iso nosa aposta segue sendo a de sempre, a nosa aposta chámase Ourense, a nosa aposta é un territorio cincelado pola historia grazas á personalidade e a traxectoria de todos aqueles que habitaron aquí, que presumiron con orgullo dun territorio, dunha provincia como esta, dunha cidade como esta, e que ten por diante moitos obxectivos que conseguir”. E a Deputación, sinalou Baltar, “ten moi claro cales son os obxectivos deste territorio, como quedou reflexado no noso plan de mandato”.

Rivo e Novoa destacan o balance positivo do proxecto

Elena Rivo destacou a notable acollida da iniciativa entre administracións e participantes, pese a que a pandemia obrigou a readaptar á programación. Mentres, Marisol Novoa resaltou que a participación da CEO neste proxecto é un orgullo, apostando pola importancia de crear emprego e mellorar a competitividade do tecido empresarial ourensá. Rivo e Novoa coincidiron en facer un balance positivo da actividade do proxecto a prol de rachar a fenda aínda existente entre homes e mulleres á hora de crear o seu propio emprego ou negocio. Entre as actuacións realizadas dentro desta iniciativa comunitaria estivo a publicación dun cómic, editado co apoio da Deputación de Ourense.

Froitos do programa EmprendOU

A continuación, a deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación, Luz Doporto, presentou o programa “EmprendOU” da Deputación de Ourense. Este programa está financiado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo e concede axudas de 675 euros ao mes para menores de 30 anos que presenten proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais de menor poboación.

Dende a súa activación en 2019, case 200 mozos ourensáns xa se teñen beneficiado deste programa, pioneiro en Galicia, e que so teñen outras sete provincias en España. En total, máis de 1,5 millóns de euros para impulsar variados proxectos por toda a provincia.

Ademais, a xornalista Sonia Torre falou da comunicación como unha ferramenta nos negocios e expuxéronse casos de éxito de mulleres emprendedoras ourensás: Natalia Silva (Blue Silk); Beatriz Alcalá (La Zapatería del Abuelo), Andrea Lama (avogada) e Ana María Álvarez (Alloa).