Multas e sancións para os veciños que non limpen as fincas para a prevención de incendios

289
Multas e sancións para os veciños que non limpen as fincas para a prevención de incendios

Este ano a Consellería do Medio Rural adiantou o prazo de limpeza do 30 de xuño ó 31 de maio, como resultado da súa preocupación polos posibles incendios que poidesen afectar a poboación. A franxa de seguridade entorno a núcleos é de 50 metros, pero a menos de 15 metros das casas non pode haber plantacións de árbores nin maleza. Ademáis, entre os 15 metros e os 50 mentros só pode haber frondosas caducifolias e separadas a 7 metros entre elas, eucaliptos, pinos e acacias teñen que estar a máis de 50 metros.

O prazo outorgado pola Xunta para que os propietarios de fincas de monte preto de núcleos de poboación as limpen remata maña, e ponse en marcha a maquinaria para vixiar o cumprimento da norma e sancionar a quen non a cumpla. Así, son os propietarios quen deben encargarse de limpar esa franxa de seguridade de 50 metros entorno as casas como xa dixemos, e quen debe asegurarse de que iso suceda son os concellos, polo que o Goberno Galego insiste en pedirlle aos concellos a máxima colaboración para poder incrementar a presión sobre os infractores. Máis alá do persoal do concello, calquer veciño pode interpor unha denuncia cando detecte un incumprimento da normativa sobre a xestión e limpeza das chamadas faixas secundarias do monte. A sanción virá por parte da Consellería do Medio Rural, que ademáis de abrir os expedientes tamén pode actuar de oficio cando se atopa con unha ilegalidade.

Ademáis das multas económicas, a Xunta pode executar a limpeza da finca de forma subsidiaria e cobrarlle o importe o propietario infractor. En caso de que houbese que talar, tamén poderá incautarse a madeira e no suposto de que os traballos fosen superiores o valor catastral da parcela, podería chegarse a expropiar o terreo. A Xunta conta actualmente con 450 axentes forestais en toda a comunidade, deles, 123 están desplegados na provincia de Lugo, 122 en Ourense, 113 en A Coruña e os 93 restantes en Pontevedra. Eles tamén poden interpor a denuncia, aínda que a orden que teñen é a de apercibir primeiro os propietarios con carteles nas fincas e con notificacións por escrito, dándolles un prazo de 15 días para limpar a finca, e en caso de desobediencia, viría a sanción.

Para apoiar os problemas que teñen os concellos para facer cumprir esta normativa, a Consellería de Medio Rural aportará 6 millóns de euros a un convenio coa Fegamp, que se firmará en xuño, para financiar o cen por cen das tarefas de limpeza das faixas secundarias e identificar os propietarios descoñecidos.