Música e teatro esta fin de semana na Arca da Noe

2014090317092457724
Música e teatro esta fin de semana na Arca da Noe

Mañá xoves 19 de xullo, temos outra parada na Arca da Noe. O trío galego Trilitrate actuará as 21:00 horas coas súas composicións e interpretacións de música folk con matices musicais moi pegados á terra.

O venres a Asociación Teatral Paso de Valverde representará en torno ás 22:30 da noite o espectáculo “Ás Portas”. Unha historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio.

O domingo 22, e rematando a programación na Arca, o cantautor Joâo Afonso de jazz e folk portugués dará un concerto ás 21:00 horas. Un concerto de voz e guitarra que pasará polas diversas influenzas musicais que acumula a traxectoria do artista luso.