Nace Aterra, un pioneiro proxecto de xestión de terras a nivel comarcal liderado polo GDR Limia - Arnoia

Foto de familia GDR Limia-Arnoia
Nace Aterra, un pioneiro proxecto de xestión de terras a nivel comarcal liderado polo GDR Limia - Arnoia

O ambicioso programa presentouse esta mañá no Salón de Actos do Concello de Sarreaus ante a presenza de diferentes axentes sociais, económicos e administrativos

Os 25 municipios da provincia de Ourense que forman parte do territorio GDR Limia Arnoia e que pertencen ás comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova están incluídos dentro de Aterra; pioneiro programa de xestión de terras posto en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia - Arnoia e que se presentou esta mañá no Salón de Actos do Concello de Sarreaus.

Aterra ten como obxectivo impulsar novos proxectos agrogandeiros dentro das nosas comarcas polo que a través deste programa poránse en contacto persoas demandantes de terra para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro con persoas propietarias de terras ou empresas en funcionamento interesadas nunha cesión, aluguer ou venda”, explicou esta mañá Eva González, Xerente do GDR Limia-Arnoia.

_AEB4085
Eva (Xerente grupo GDR 10

Unhas oitenta persoas de toda a comarca asistiron ao acto de presentación do proxecto entre as que estivo a Directora de AGADER, Inés Santé; as 25 alcaldesas e alcaldes dos municipios participantes, membros do INORDE, representantes da Deputación de Ourense, membros de comunidades de montes e de diferentes asociacións e sindicatos labregos. “Aterra é un todo, é un concepto global co que queremos recuperar a terra agraria e promover a creación de novas iniciativas agrogandeiras”, explicou o Presidente do GDR Limia Arnoia e Alcalde de Sarraeus, Gumersindo Lamas, que foi o encargado de abrir o acto de presentación do programa no que tamén houbo unha mesa de experiencias na que se falou da problemática actual para acceder as terras. Tonecho, da Gandeiría Balín en Verea; Isabel Santos, da cooperativa de horta en Xunqueira de Ambía; Iván Cubillas, de A Vaquería, cooperativa de gandeiros da Limia; e Carmen Álvarez, cunha gandeiría de leite ecolóxico en Allariz; explicaron os seus casos e as súas dificultades para acceder aos terreos nun terrotorio onde predomina o minifundismo.

Aterra é un ambicioso programa, pioneiro a nivel comarcal, e que pretende consolidarse como unha ferramenta de traballo colaborativo para a xestión das terras,a cal contribuirá a frear o abandono tanto de terras como de explotacións agrícolas e gandeiras, ao desenvolvemento rural coa creación de novos proxectos e á conservación do noso medio. O GDR Limia-Arnoia é o promotor desta iniciativa na que participan oficinas agrarias comarcais, asociacións agrarias profesionais e universidade.

Como funciona Aterra?

_AEB3967
Mesa redonda dos poñentes

O proxecto Aterra ten tres pezas fundamentais para o seu funcionamento. A primeria é o asesoramento técnico que ofrecen os técnicos do GDR Limia-Arnoia a todas aquelas persoas interesadas no aluguer, venta ou cesión de terreos ou de negocios. Ademais, o persoal xa está a traballar na creación dun minucioso mapa no que se detallen os usos actuais do solo e as súas ocupación e tamén se identificarán aquelas áreas con maior dementa de terra agracia, as parcelas e os negocios dispoñibles para aluguer ou venda e aqueles axentes económicos interesados na xestión de terras agrarias.

Outra das ferramentas que empregará a Aterra son a comunicación e as novas tecnoloxías. Así, durante os próximos meses o GDR Limia-Arnoia fará unha intensa campaña informativa nos 25 municipios que forman o territorio. Tamén se puxo en marcha un visor, deseñado a medida para o noso territorio e de fácil manexo, que permite conectar de maneira simple as persoas demandantes de terra e as persoas que ofrecen terras ou proxectos en marcha. O visor xa está dispoñible en aterra.gal e durante a presentación de hoxe fíxose unha breve explicación do seu funcionamento.

_AEB4024

E por último, Aterra xa está a traballar cunha potente rede de contactos composta polos diferentes axentes sociais do territorio (técnicos municipais, representantes políticos, comunidades de montes, técnicos de oficinas agracias, asociacións profesionais,…) e que son a peza clave para o éxito deste proxecto xa que son eles quen teñen o contacto directo cos demandantes e ofertantes de terreos.

Aterra é unha consecuencia da Lei de recuperación de terra agraria en Galicia e que ademáis é un dos eixos centrais da estratexia de desenvolvemento local que está a deseñar o GDR Limia-Arnoia para o período 2023-2027.