Nace unha estrela no concello de Rairiz de Veiga que vai camiño de conquistar o plató do programa Luar

esmeralda
Nace unha estrela no concello de Rairiz de Veiga que vai camiño de conquistar o plató do programa Luar

Esmeralda estrésae no escenario da Televisión de Galicia o 9 de outubro

Esmeralda Fernández Dorado ten 26 anos e moitas ganas de triunfar no mundo da canción. A súa aldea natal é Castrelo, no concello de Rairiz de Veiga. Leva cantando dende cativa. Con 12 anos a súa profesora de música fixo posible que esta moza se incorporara a un dúo musical. Con "Noches de Bohemia" Esmeralda foi medrando musicalmente e aprendendo moito a carón de Tito Alvarez. Logo pasouse ó mundo das orquestas e viviu o cambio de nena a muller enriba dos escenarios.

Agora vai camiño de triunfar no popular programa Luar da Televisión de Galicia. Tras anotarse a través das redes sociais e superar unha proba, o venres día 9 de outubro, Esmeralda vai representar a zona de Ourense Sur na sección Recanteiros do Luar. "Os nervios sempre están aí, e acompañada da familia e dos amigos sempre se levan mellor, aínda que eles tamén están inquietos. Por min, por que o faga ben, e por o programa, porque cada venres dous dos meus acompáñanme. O día que cante, o día 9, Luar brindanos a oportunidade de ir mais, así que alí estarán".

Esta ocasión de darse a coñecer ó público vaille axudar a Esmeralda a conseguir o seu soño, deicarse á música e vivir dela, é polo que loita cada día, "eso faría que me completara como persoa...coller un micrófono cambia o momento evadíndome dos problemas cotiáns e intentar facer chegar ó público o mesmo que eu sinto pola música, paixón".

O seu é un don natural, nunca foi a clase de canto pero agora si que se plantea traballar a súa voz para perfecionala. A súa intención é gravar un disco. Esta artista adáptase a calquera música ou canción, aínda que si ten que escoller quédase co pasodobre e as cancións mexicanas.

"Esmeralda é un terremoto, paso o día cantando e cociñando. Levántome e déitome cantando, paso o día co meu neno cantando, só me falta durmir cantando". Así se define no seu día a día esta moza que vai camiño de triunfar nos escenarios.