As naves agrícolas poderán conectarse a ao abastecemento de auga xeral

376210736_1
As naves agrícolas poderán conectarse a ao abastecemento de auga xeral

Tamén a rede de sumidoiro

O pleno ordinario do próximo xoves tratará a modificación do regulamento do servizo de abastecemento de auga potable e a modificación do regulamento do servizo de vertidos á rede de sumidoiro do Concello. Trátase de autorizar ás naves de uso agraria a que se podan conectar á rede de abastecemento e que poidan verter á rede xeral de saneamento sempre que non haxa vertidos que superen os límites da escala contaminante que establece o regulamento de vertidos. O obxectivo é reducir o número de fosas sépticas que empregan actualmente, sempre e cando os seus vertidos cumpran os requisitos legais, mentres que si non é así, terán que ter a súa propia instalación depuradora para o tratamento das súas augas residuais.

No pleno tamén se debaterá unha moción do Partido Popular para que se elabore un Plan de Auto-proteción de edificios e eventos.