Os nenos do CEIP Carlos Casares dan unha lección de solidariedade coa doazón de alimentos, roupa e xoguetes

RECOLLIDA
Os nenos do CEIP Carlos Casares dan unha lección de solidariedade coa doazón de alimentos, roupa e xoguetes
Ao longo das últimas semanas doaron roupa, xoguetes e comida para os máis desfavorecidos

recollida2O alumnado do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia teñen a lección da solidariedade ben aprendida. Ao longo das últimas semanas doaron roupa, xoguetes e comida para os máis desfavorecidos. Hoxe a mañá a alcaldesa, Elvira Lama, acompañou aos membros de Protección Civil e ao director do centro, José Carlos González, nas labores de recollida. Está previsto que nos próximos días o departamento de Servizos Sociais se encargue de repartir os xogos aos nenos coincidindo con estas datas especiais do Nadal e co obxectivo de quen ningún cativo do municipio quede sen regalos. Os alimentos sumaranse aos que se están a reunir nos supermercados do concello para axudar a aqueles que máis o necesitan.