O. Ferreiro
3 de diciembre de 2017, 23:31
Onte sábado, día 2 de decembro, realizouse a primeira sesión do obradoiro de doces de Nadal organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova en colaboración coa Asociación Cultural "As ortigas".
Un total de 27 nenos e nenas participaron nas dúas sesións –de mañá e tarde– celebradas no andar superior da Praza de Abastos de Celanova.
Nesta ocasión elaboraron galletas e carbón de azucre.