Os nenos de Xinzo conciéncianse sobre as barreiras coas que loitan as persoas con discapacidade

TALLER
Os nenos de Xinzo conciéncianse sobre as barreiras coas que loitan as persoas con discapacidade

A empatía é unha calidade que coñecen ben os nenos do Campus de Verán de Xinzo. Esta mañá, da man da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense e Cogami, desenvolveron un obradoiro de sensibilización sobre a discapacidade. A iniciativa foi impartida por Tatiana Estévez e Sabela Pérez, representantes das dúas entidades. Os rapaces coñeceron a realidade da discapacidade a través da súa participación en diferentes dinámicas e coñeceron as barreiras cas que se atopan no seu día a día as persoas con discapacidade.