“Neste momento Xaquín xa non e dono do cargo de alcalde”

PABLO LORENZO
“Neste momento Xaquín xa non e dono do cargo de alcalde”

Dende o grupo municipal do PSdeG PSOE de Rairiz de Veiga pidese que Xaquín dimita de forma inmediata e que non alargue máis o inalargable

Pablo Lorenzo, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Rairiz de Veiga, considera as declaracións de Xaquín os medios de comunicación, de vergonzosas ao decir que \“Poño o cargo a disposición do partido, e dimitirei se mo pide Jose Manuel Baltar\”

Neste momento Xaquín xa non e dono do cargo de alcalde, xa que para ese cargo e calquer outro que conleve representación pública acaba de ser inhabilitado 8 anos e medio por o xulgado do penal de Ourense. Aunque a sentencia non e firme e cabe recurso contra a mesma, en base a lei electoral , Xaquín non pode seguir de alcalde ao presentar unha causa de incompatibilidade.

Dende o grupo municipal do PSdeG PSOE de Rairiz de Veiga pidese que Xaquín dimita de forma inmediata e que non alargue máis o inalargable.

Tanto Baltar presidente provincial como Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG non deben permitir que Xaquín continue sen dimitir impedindo así a elección dun novo alcalde. Teñen unha nova oportunidade para facer realidade esa rexenaración democrática da que tanto presumen e a tan pouco practican.

De non dimitir nas próximas horas, o grupo socialista solicitará a execución da sentenza, a dimisión de Xaquín e a elección de novo alcalde.