Chegadas estas festas entre a lotería do 22, as rifas para festas, as excursións dos colexios e cestas de nadal, todo está fiado a diosa fortuna.
Pero dentro de todas estas modalidades, aínda hai alguén que lle da unha “volta de folla”.
Isto sucede coa “simpática ” administradora do bar As Portadas de Morgade, que cambiou as rifas da típica cesta chea de produtos derivados do porco, por o porco enteiro.
Nin máis nin menos por 5 euros”de nada” podes vir para a casa cun porco de 100 Kg. O problema non solo é que toque, que cada un ten un 1% de posibilidades por cada papeleta. A papeleta, venlle despois si vive nun terceiro sen ascensor, porque seica que o porco entrégase vivo.
O éxito da rifa foi tal, que xa van papeletas para dous exemplares. Parabén os afortunados e que haxa sorte coa residencia dos afortunados/as.