O nº13 da revista LETHES, xa está na rúa

IMG_4627
O nº13 da revista LETHES, xa está na rúa

Está íntegramente dedicada a Carlos Casares

IMG_4629

Na tarde do 27 de decembro no Concello de Vilar de Santos foi presentada a última revista LETHES, que fai o nº 13 e como recordou o presidente do Centro de Cultura Popular do Limia. Manolo Seoane facendo unha historia dende o ano 1999 que naceu a revista, pasando polo 2º número no que xa aparecía unha colaboración de outro escritor limián Antón Rivero Coello e chegando ao nº 3 a cal pechaba un conto fermoso dun escritor xa moi afamado chamado Carlos Casares co conto \“O Galo de Antioquía\”. Recordou Manolo que tan solo un mes despois chegou a noticia do pasamento do autor. Hoxe é imposible atopar ese número que se esgotou. Meses despois decídese facerlle a primeira homenaxe o autor Casares.

IMG_4632Gustavo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares tomou a palabra despois para agradecer tanto o Centro de Cultura Popular do Limia como do Museo da Limia a colaboración que sempre tiveron coa Fundación e sobre todo os diferentes actos que se levaron a cabo durante este ano, como foi o encontro de escritores limiáns, no cal mais de 17 autores limiáns ou achegados a Limia participaron achegando ideas, teorías e anécdotas que lles sucederon co autor homenaxeado e que hoxe forman parte, todos eses textos da revista que hoxe se presentou.

EXPOSICIÓN PERMANENTE NO MUSEO DO ENTROIDO

Continuou Gustavo Garrido anunciando a próxima inauguración , o venres 29, da exposición permanente sobre Carlos Casares que quedará permanentemente no museo Galego do Entroido. Agradeceu ás 4 deputacións galegas, as sete cidades galegas que axudaron a que esta exposición se puidera levar a cabo e percorrera Galicia, ata chegar a Xinzo. Non se esqueceu de pequenos concellos que temen colaboraron, como o de Ribeira, pero paradoxicamente si se esqueceu do concello de Xinzo de Limia.

2000 escolares con 200 obras e 20 obras lidas de Carlos Casares

IMG_4633Pechou o acto o Presidente do Museo da Limia, Delfín Caseiro para comentar que o certame literario e artístico do que posteriormente se entregarían os agasallos dixo que nesta edición se quería contar cos escolares, non solo cos autores digamos \“maiores\”.

O certame ás dúas modalidades presentáronse 2000 alumnos dos centros da Limia con 200 obras e tendo que ler entre todos 20 obras do autor homenaxeado.

Rematou o acto o mesmo que había comezado coa actuación musical do grupo musical Trovare.