SE NON ATALLAMOS O PROBLEMA , NON VAMOS A FACER NADA.

mesa grupo traballo-grupo ecoloxistas
SE NON ATALLAMOS O PROBLEMA , NON VAMOS A FACER NADA.

COLOQUIO POSTERIOR BASTANTE ACALORADO.

Como acontecerá na anterior presentación o coloquio foi a parte mais agardada por algúns dos presentes que fixeron esforzarse os membros da mesa, e aínda incluso entrar en contradicións e en dúbidas que outro membro da mesma tivo que aclarar.

Onde se vai asentar a balsa e dimensións?

A primeira pregunta respondeuse por parte dun membro da mesa, con \“aínda non se sabe onde vai a ir\”, para a continuación contestar outro membro dicindo que será na antiga vaquería da Deputación.

Das dimensións tampouco se puideron dar datos, porque dependía da explotación a que vai dar servizo.

Aquí o membro de ecolagunas volveu a ser dubitativo, ata que confirmou que sería para unha explotación de Coren.

SE NON ATALLAMOS O PROBLEMA , NON VAMOS A FACER NADA.

Varios técnicos na materia entre o público insistían en que isto é importante lévalo a cabo como proxecto experimental, que noutros sitios xa se está levando a cabo, pero o que si aseveraban é que si solo se vai a facer isto, o problema de puríns seguirá existindo.

Precisamente, o representante da Xunta, contestou, que efectivamente, esta medida será complementaria a outras mais que se poidan levar a cabo, e precisamente o grupo de traballo que hoxe se puña en marcha, era para que todos os seus membros poidan achegar ideas que poidan levar a unha desaparición do problema.