Non haberá moción de censura no Concello de Sandiás

concello sandias 2psd
Non haberá moción de censura no Concello de Sandiás

Hoxe as 14:00 remataba o prazo

Juan Manuel Quintas, recorda que a situación actual non ten nada que ver cos orzamentos de 2017 xa que é falso que con esas contas o concello pase a dispor de mais cartos

O PSdeG-PSOE deste concello ourensá acordou non presentar unha moción de censura contra o actual alcalde, Felipe Traveso (Agrelsan, Agrupación Electores Sandiás), porque non se dan a circunstancias necesarias para sustentala xa que, segundo os socialistas, a situación que está a vivir municipio é unha cortina de fume que nada ten que ver cos intereses veciñais e, en cambio, si ten moito que ver con intereses partidistas de futuro. Hoxe remataba o prazo para presentar unha moción de censura despois de que o rexedor perdese, hai un mes, unha moción de confianza ligada á tamén frustada aprobación dos orzamentos locais do ano 2017.

portaoz socialistaO voceiro municipal dos socialistas, Juan Manuel Quintas, asegura que \“a situación actual non resolve nada e xa anunciamos que non toleraremos novas cortinas de fume porque están a xogar cos intereses dos veciños e veciñas por estratexias políticas do equipo de goberno de cara a un futuro inmediato\”. \“A situación actual non ten nada que ver cos orzamentos de 2017 porque é absolutamente mentira que coa aprobación desas contas o concello de Sandiás pase a dispor de mais cartos públicos para investir en acción política\”, insiste Quintas tras advertir que o alcalde non pode pretender gobernar con maioría sen tela.

\“Os orzamentos que deseñaron para o ano 2017 non serven tal e como foron presentados, e se o goberno municipal de Agrelsan quere reconducir a situación so ten unha saída: negociar co resto da corporación\”, asevera o voceiro municipal socialista mentres advirte que \“de seguir o goberno municipal con esta actitude, o PSdeG-PSOE actuará coa mesma actitude de coherencia absoluta mostrada ata o de agora e que pasa por votar a favor ou en contra das propostas presentadas no pleno segundo os intereses dos veciños e veciñas e o programa electoral\” co que os socialistas concorreron ós comicios locais do ano 2015. \“Se non cambian de actitude en breve se volverán repetir situacións parecidas\”, alerta Quintas.

Os socialistas de Sandiás recordan que Traveso goberna en \“minoría absoluta\” xunto con outros dous concelleiros da Agrelsán, mentres que a oposición está composta por dous concelleiros do PSdeG-PSOE, tres do PP e un edil situado no Grupo Mixto tras abandoar Agrelsan. E por iso insisten en que o alcalde de Sandiás \“debe desistir desta actitude porque non pode pretender dirixir o concello esquecendo os intereses da maioría da veciñanza que está representada na oposición municipal\”. \“Os socialistas de Sandiás non tolerarán que se xogue coas inquietudes dos veciños e veciñas nin permitirá mais xogos de artificio\”, conclúen.