“Non podemos ter unha flota de barrendeiros na que “un leve o carrito, outro estruje el papel y el otro cargue con la escoba en el hombro”.

elvira lama
“Non podemos ter unha flota de barrendeiros na que “un leve o carrito, outro estruje el papel y el otro cargue con la escoba en el hombro”.

Para rematar , eu pensó que a este Concello hai que lle dar unha volta, porque se seguen os mesmos en catro anos, acaban con todo

Eu vou a gobernar as 24 horas.O Alcalde/Alcaldesa de Xinzo ten que ter adicación exclusiva.

As festas teñen que pagalas o pobo

Cales serían as primeiras accións que faría si fose alcaldesa?

A primeira será por en marcha o PLAN EMPREGA XINZO, especialmente dirixido a mulleres con cargas familiares, a mozos/zas , creando espazos de CO-WORKING, incentivando a apertura de negocios para mozos emprendedores, creando un viveiro de empresas, sobre todo para parados de longa duración.

QUE VAI A FACER O CONCELLO PARA CONSEGUIR ESE OBXECTIVO?:

É tan sinxelo como crear nos edificios públicos dos pobos, espazos de traballo compartido , onde hoxe mozos e mozas a través de internet , poden facer cantidade de cousas e traballar neses lugares ou dende a súa casa ofertándolle internet gratis para todo o mundo. Xinzo sen fíos, que chegue internet a Moreiras, por exemplo ou a Ganade que tampouco ten. Para parados de longa duración, incentivar as empresas de Xinzo para que contraten a eses demandantes de traballo da zona.Dende o Concello haberá que votarlle unha man a esas persoas, preocuparse un pouco por elas.

Segunda medida, BAIXADA DE IMPOSTOS. Non pode ser que esteamos amarrados a un plan de axuste. Ese plan de axuste HAI QUE REVISALO . Ese plan de axuste dice subir o IBI, pero tamén dice baixada de salarios , amortización de prazas bacantes, non contratar a persoal, e tamén dice acceder a subvencións, e entre outras cousas este Concello non pode por ter a conta xeral do 2013 aprobada fai un mes.Todos saben que para acceder as subvencións hai que ter as contas o día, e precisamente nos nos somos dos primeiros, non estamos en primeira división como di o alcalde.

Terceira medida, plan de choque do comercio e hostalería, neste momento en caída libre.Un comercio que neste momento non ten asociación que tire por el.Eu fundei a Asociación de comerciantes de Xinzo ala por o ano 84. Deixeina con moitos cartos e moitos socios. Si hai un presidente que solo aparece nos actos do PP. Os demais como se non tiveran negocios.Este pobo está a morrer e dende o Concello ninguén fai nada. Aquí falta un programa cultural e lúdico durante todo o ano, non solo o 17 de maio.Aquí o único que se mira é o entroido, e despois nada.

Cuarta medida, Agricultura e gandería, pilar fundamental da nosa economía. Xa está ben, haberá que reunir os almacenistas e os agricultores .

elvira lama entrevista1

ISO NON É ADEGAL?

Si home outro chiringuito do PP. Non me sirve cando está metido aí un Consejero Delegado de Coren, e están metidos sobre todo xente de negocios fitosanitarios, non está ningún almacenista e solo coñezo a un gran pataqueiro.

QUE PODE FACER O CONCELLO?

Pois plantarse en Santiago e decirlle que non nos vale un contrato homologado. Non vale o título da película \“CONTRATO HOMOLOGADO\”.Ese contrato ten que levar un precio xusto para o agricultor.Eso faise en outras comarcas, como por exemplo esparragos de Navarra, Alcachofas… etc. O que non podemos é poñer un camión de patacas a 15 Centimos en Granada.

CAL VAI A SER A POLÍTICA DE PERSOAL?

Temos unha RPT feita pola Universidade sin aplicar. Entre outras lindezas dí que sobra xente que faga fotocopias ou non faga nada, e faltan administrativos e auxuliares administrativos.(26 persoas).

Ó millor a brigada de obras hai que reducila, ou esternalizala, que sae mais rentable, que o fagan empresas de Xinzo...O que non podemos ter é a sete(7) persoas toda a mañá traballando nun metro cuadrado.Quen dice eso, outras cousas.

\“Non podemos ter unha flota de barrendeiros na que \“un leve o carrito, outro estruje el papel y el otro cargue con la escoba en el hombro\”.

Haberá que sentarse con eles, e decirlle, que si o soldo é digno, o traballo é digno (tódolos traballos o son) hai que rendir . Eiquí a concelleira de persoal non fixo absolutamente nada, nada non, o seguinte, e con adicación exclusiva. Patético, peor que patético. Haberá que negociar cos sindicatos e reestructurar o persoal en función das necesidades. Tamén haberá que aprender a facer expedientes disciplinarios, aínda que sexa despois dunha sentencia.

As piscinas climatizadas?

Caos total e absoluto. Unha hixiene deficiente total. Hai que poñerlle as pilas o persoal e exixirlle un rendemento e unha forma de traballar. Si se estropean as máquinas haberá que arreglalas, non arrinconalas nunha esquina.

Outro cabalo de batalla é o conservatorio.

O conservatorio é unha medalla que teño que colgarme eu e ninguén máis.O grupo socialista fixo 500 chamadas cando o famoso Plan E de Zapatero, para saber cal era a prioridade número un para Xinzo. Demandouseme por parte do profesorado que se ampliara .Queremos amplialo, se se venden máis parcelas do polígono(ojala), amplialo.

Si queremos ter o segundo grado en Xinzo, porque os país non poden mandar ós fillos a Ourense, sobre todo porque non hai plazas. Negociación a 4 bandas (Xunta, Deputación, Concello e País).

Si non responden….que?

Nos vamos a mantener o segundo grado e a financiación sacarémola de onde sexa.

Como pretenden relanzar o comercio local?

Centro comercial aberto, potenciar o asociacionismo, facer feiras rebaixas, aperturas pola noite etc, hai que ter imaxinación.

Servizo concertado de transporte.

Rebaixas para estudantes que teñen que ir a estudar a Ourense todos os días, porque eiquí non hai por exemplo, os ciclos.

En canto o transporte de maiores dende os pobos, propoñemos ter un coll-center no Concello, para que a xente chame e poñelos de acordó para un día baixar as analíticas, a farmacia etc e mandarlle un taxi e que baixen 4 persoas. O custe sería posiblemente entre o Concello e ós usuarios.Todo non vai a ser gratis. A época do gratis total acabouse. A xente hai que darlle servicios, se non acaba marchándose.

Que vai a pasar coas festas. Quen as ten que pagar?

Os veciños, as festas teñen que pagalas o pobo. Unha cuota pequeña, non 150 como ós pobos, pero si unha cuota pequena. As festas hai que pagalas entre todos, non solo o comercio e a hostelería. Tamén hai dentistas advogados etc., que seguro que teñen un negocio moito mais sustancioso que un bar que subsite a duras penas.

Que cousa fixo este goberno estrepitosamente mal, e outra que estivera ben?

Deixar o nome de Xinzo polo chan. Ter o pobo e o rural abandonado, nunha situación de desprecio, despreocupación e desamparo absoluta. Non hai mais que ver as rúas , os parques, ós espacios públicos como están.

Que tipo de xente nos vai a vir a visitar si a imaxe que proxectamos é paupérrima?, comparado con outras vilas semellantes, gobernadas por partidos de distintos e iguais cores políticos.

Outra cousa é que sabemos que hai unha debeda de 8 millóns de euros e a saber a que nos toparemos cando cheguemos a alcaldía, porque sabemos \“ a ciencia certa\” que hai obras sen pagar, xestorías sen pagar …

Non fixo nada ben, si acaso a venta da parcela, o millor nin eso fixo ben, porque eso facíao calquera.

Que enquisa cree, a da Región ou a súa.?

Non me creo ningunha, despois de 11 anos en política, na maioría dos casos non acertan. Eu o que estou atopando na rúa é un descontento xeralizado, o mesmo que pensó eu, da xestión deste equipo de goberno, ahora, que eso se traduza en votos o día 24,xa é outra cousa.Eu espero que sí. Eu quero confiar na xente que aveces, solo aveces di a verdá.

Eu das enquisas estou contenta pola valoración e coñecemento persoal como política deste pobo.

Si o PP,no obtivese a maioría, que pasará o día seguinte?.

Xuntarse os tres grupos, e a partir dunhos mínimos, porque creo que coincidimos en bastantes plantexamentos, a partir de ahí formar un goberno e ofrecerle a este pobo unha alternativa para estes catro anos. Tampouco eu estou disposta a partir os tempos de goberno. Como experiencia xa temos o bipartito e o tripartito , precisamente o traballo levouno o Gonzalo e as ganancias o Sr. Coisa.

DE ONDE VAI A SACAR 200 MILLONS DE EUROS PARA LEVAR A CABO O QUE QUEREN FACER EN TRANDEIRAS?

Para levar a cabo o noso proxecto para Trandeiras hai que ter PROXECTO E IMAXINACIÓN. NON SOLO É CUESTIÓN DE CARTOS.

O AUDITORIO non ten que ser no claustro, pode ser no exterior e desmontable.

A EXPOSICIÓN PERMANENTE, pode ser ata dentro da iglesia. Solo hai que negociar co obispado. Hai moitas formulas, non temos que reconstruir Trandeiras , como se fixo en San Estevo. Ese non é o noso proxecto.

PARA REMATAR CON UN POUCO DE HUMOR..QUE LLE PODE DICIR A XENTE QUE DI QUE NON SABE A QUEN VOTAR, A DA FOTO DO CARTEL OU A ELVIRA?

A xente coñéceme perfectamente, aínda que dependendo, podo ser a \“Mariola\”, pola tenda que tiña, pola filla do Juan do Stop, a muller do Raúl, pola sobriña do Oriente, e noutra zona, pola neta da Sra. Elvira, que ten 103 anos. O resto e cuestión de usar pouco Photoshop.

CON UN PROGRAMA DE MÍNIMOS, VESE PACTANDO CO PP?

NON. E con este alcalde menos.

O DA VIDRIERA E UNHA COÑA?

Non é ninguna coña. Nos non pretendemos abrir outra vez a Vidriera do Atlántico. Eu enviareille unha carta ao propietario, para ver que podemos facer nese sitio, por exemplo unha central loxistica. O que non pode ser é que un 33% de capital galego estea a criar pinos nos teitos. Reapertura das instalación de Vidriera do Atlántico para, pode ser unha cidade do transporte. Pode ser un proxecto

Para rematar , eu pensó que a este Concello hai que lle dar unha volta, porque se seguen os mesmos en catro anos, acaban con todo. Como gobernó do PP, este catro anos foron os piores.As inversión que presume o alcalde, como por exemplo a carretera de Baltar, non foi xestión súa. Os veciños saben ben quen fan as obras.

Outra das cousas importantes e ampliar a gardería, e negociar as bases da convocatoria posto que están entrando por renta. Desta maneira si unha nai comeza a traballar, que é cando lle fai falla, non ten plaza para o seu cativo/a.

Eu vou a gobernar as 24 horas. Eu entendo que o Alcalde de Xinzo ten que ter dedicación exclusiva, porque ten que adicarse toda a mañá e toda a tarde. A mañá a alcaldía e a tarde a visitar os pobos e a andar por Xinzo, cousa que este alcalde, según me dice a xente, non fai.

Tamén teríamos que facer un tanatorio grande en Xinzo e os dos pobos, abrilos por exemplo con ordenadores e coa colaboración de persoas xubiladas(maestros) para acompañar ós rapaces e rapazas.

Por último trataremos de facer un xeriatrico público.