Non se poden tomar decisións persoais, nin unilaterais por parte de quen goberna e presume de transparencia.(Antonio Fernández-Toni)

1111
Non se poden tomar decisións persoais, nin unilaterais por parte de quen goberna e presume de transparencia.(Antonio Fernández-Toni)
O PP de Xinzo expresa unha vez máis o seu malestar coa alcaldesa e o seu equipo de goberno

O PP de Xinzo expresa unha vez máis o seu malestar coa alcaldesa e o seu equipo de goberno pola falta de dialogo e transparencia, nesta ocasión cos comerciantes e veciños da calle S.Roque.

Toni Fernández-Portavoz PP
Toni Fernández-Portavoz PP

En definitiva, corrobórase o que o noso partido ven dicindo dende o comezo da lexislatura, que denominamos de desgoberno, tanto da alcaldesa como dos seus concelleiros.

Humanización de rúas, que se anuncian en distintos medios de comunicación, sen dicir nada e moito peor, sen dialogar coas partes afectadas, neste caso os comerciantes.

Non se pode seguir gobernando deste xeito, xa que o comercio, é un sector fundamental para a economía do noso concello. Deben ser escoitados e consensuar as accións a levar a cabo e desta maneira chegar a puntos de encontro.

Non se poden decisións persoais, nin unilaterais por parte de quen goberna e presume de transparencia.

Dende o Partido Popular, o seu portavoz Antonio Fernández Veiga, prgalle a alcaldesa e o seu goberno que trate de escoitar as inquedanzas de quen, repito, é unha parte fundamental da economía do noso concello.