Non se entera

Antonio Pérez (Foto de arquivo)
Non se entera

Manuel Pérez Campos non se entera,nin se enterará nunca.Nin ve as hemerotecas dos xornais

Fai 10 días a Xunta afirmaba no parlamento, en comisión, que a Consellería mantería o proxecto tal e como fora redactado e presentado.

Dende logo eu alégrome que agora diga que está de acordo coa Xunta,creo que é a primeira vez, e tamén que será a última. Pero temen lle recordo que dicía que o concello e o alcalde non facían nada.

Agora recórdolle que o que eu fixen chámase xestión, xestión dende o concello co apoio dos veciños e porque non decilo da plataforma coa cual nos reunimos para facer os plantexamentos que foran posibles é necesarios.

Mentres eu estaba \“pelexando\” o compromiso que tiven coa platarfoma, eles, e supoño que os outros membros da oposición estaban preparando a nota , de que si se cortaban dirían que eu non servía para facer esas xestións e que ninguén me facía caso, que o concello de Xinzo non ten peso na Xunta… e agora que se consegiu dirán que a Xunta \“non sei que e que o alcalde, non sei canto\”.

Son os veciños os que teñen que valorar o que se fixo e non me caibe a menor dúbida que o farán cando sexa o momento, e que poránm a cada un no seu sitio como veñen facendo habitualmente.