viernes 3/12/21

A participación na comitiva para o enterro restrínxese a máximo 15 persoas non convivintes, entre familiares e achegados, ademais do ministro de culto.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no Acordo do @Consello de la Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.

As zonas comúns de paso utilizaranse unicamente para o tránsito de entrada e saída, sen que poida haber grupos de persoas nos mesmos. O tempo de estancia nas instalacións reducirase ao estritamente necesario para expresar as debidas condolencias, evitando permanecer nas zonas de paso.

Os servizos de hostalería existentes nos establecementos funerarios permanecerán pechados ao público.