Nova campaña do comercio de Xinzo con moitos premios para os consumidores

prolimia _ cartel dia da nai 22
Nova campaña do comercio de Xinzo con moitos premios para os consumidores

Comeza mañá día 25 a “Campaña do día da Nai”

Para seguir na línea da Campaña do día do Pai, a directiva decidiu facer a mesma actividade, xa que en xeral, todos os asociados nos comunicaron que fora unha Campaña con moi bo resultado.

RULETA DA SORTE NA PRAZA MAIOR

Consiste en colocar unha Ruleta da Sorte na Praza Maior onde os nosos clientes poden gañar vales para gastar no Comercio Local (sólo asociados de Prolimia).

Tamén terán agasallos directos consistentes en abanicos, chaveiros etc. Todos eles deseñados por Limisi.

Tíckets de compra do 25 ao 30 de abril

Durante todos estes días temos que solicitar os tíckets de compra nos establecementos asociados a ProLimia e por cada 20 € de compra acumulada terase dereito a unha tirada na ruleta da sorte, que se instalará durante todo o día o 30 de abril.