NOVA CDR “O VISO”: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA

2222
NOVA CDR “O VISO”: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA

Dende o CDR “O Viso” conmemoramos o, 17 de outubro, o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Para sensibilizar e concienciar á poboación sobre a importancia de loitar por un mundo sen pobreza, comezamos a nosa campaña anual de comercio xusto nos IES de Xinzo de Limia. Andrea (educadora social) e Irena (voluntaria beneficiaria do servizo de voluntariado europeo do programa Erasmus +, cofinanciado pola Comisión Europea), estiveron ao longo da mañá de onte nos institutos cos produtos de comercio xusto e informando sobre a importancia de optar por este tipo de sistema comercial alternativo ao convencional, no cal os dereitos dos pobos e do medio ambiente están no centro da actividade económica.333

Ademáis mudamos de local, polo que o novo punto fixo de venta de produtos de comercio xusto é: rúa Ladeira, nº21, baixo. Xinzo de Limia.