Nova colaboradora en dendealimia

IMG_20170628_220042
Nova colaboradora en dendealimia

Comeza con nos outra \“pluma\” feminina e nova. O seu nome é moi cotiá e precisamente ela vai a colaborar falando sempre de \“temas de interese cotiá\” como ela mesmo os define. Aínda non o dixen , ela chámase Diana, nada en Xinzo aínda que dende fai uns anos reside en Ourense.

Segundo ela nos comenta a selectividade fíxolle unha mala pasada e a nota non lle deu para facer periodismo \“a súa ilusión\” e tivo que facer marketing dándose a paradoxa que nin unha nin a outra son as súa profesión. Pero aínda que non teña o título si lle gusta escribir e faino a miúdo en xornais da provincia e ata galegos que lle soen publicar os seus pensamentos e de agora en adiante será colaboradora habitual de dendealimia.

Ata agora moitos dos veciños da Limia , polo retrato xa saberían quen é a nosa colaboradora, pero en canto digamos que os seus apelidos son Budiño Calvo, a grande maioría xa a identificarán totalmente.

Nos alegrámonos que unha persoa moza se acerque tamén a mostrar os seus sentimentos e as súas vivencias no noso xornal, dende o que lle agradecemos a súa colaboración. E para comezar podedes atopar aquí o que conta Diana sobre as súas LEMBRANZAS