Nova colaboradora de dendealimia

Rosa Bolaño
Nova colaboradora de dendealimia

Rosa Trujillo Bolaño, venezolana con ascendencia directa en Solveira e afincada xa en Xinzo

Rosa BolañoPoeta e psicóloga venezolana, especialista en psicoloxía da saúde. De orixe española. É filla de Rosa Bolaño Costa, natural de Solveira e Cosme Trujillo Gelde de Xaén. Actualmente atópase vivindo en Xinzo de Limia.
A súa colaboración semanal levará o nome de “MULLERES”.
Nin que dicir ten, de que vai a mesma. Semana tras semana Rosa iranos presentando a mulleres con moito “valor” e impulsoras a súa vez do noso pais, Galiza, onde desenrolan ou desenrolaron o seu traballo.
Rosa neste momento colabora activamente coa Escola de Saúde da Limia onde desenvolve a súa profesión de psicóloga da saúde.
Na súa primeira colaboración coñeceremos a fondo a Elisa Cadaya González, enfermeira no CHUO e, segundo nos adianta Rosa, ha hecho de los cuidados una razón de vida.