María Barreiro Rodríguez

Merry Barret
María Barreiro Rodríguez

Cada vez, afortunadamente para nos, a xuventude tamén se quere unir a \“nómina\” de colaboradores. Neste caso contaremos cos escritos de María Barreiro Rodríguez, que tivo a sorte para ela de vir a este mundo un 17 de Xullo, en plenas festas de Xinzo. Non así para súa nai que ese ano quedouse sen festas.

Estudou nos colexios da vila ata que tivo que marcharse para Santiago para facerse docente, cuestión que rematará este mesmo ano.

A pena que nos queda e non podemos ver nos seus escritos o seu sorriso case permanente, pero si nos transmitirá os seus sentimentos. Precisamente así se chamará a súa colaboración da que temos xa unha primeira