O PP de Xinzo solicitará unha baixada de impostos e do prezo da enerxía

Grupo popular en Xinzo
O PP de Xinzo solicitará unha baixada de impostos e do prezo da enerxía

O Partido Popular de Xinzo de Limia rexistra unha mocion cara o vindeiro pleno, instando o goberno central a que se adopten medidas urxentes e extraordinarias en defensa da familias e da economía española.

Na mesma o PP fai referencia a escalada de precios da energía, dos combustibles e das materias primas están a provocar un impacto moi relevante na economía familiar e das empresas, circunstancias que deben obligar á administración estatal a reaccionar e a tomar medidas de urxencia (xa plantexadas pola Xunta de Galicia) que sirvan como resposta ás necesidades dos diferentes sectores e da poblacion en xeral.

O voceiro do Partido Popular en Xinzo Antonio Fernandez Veiga ( Toni ) pretende que con esta moción, presentada polo grupo Popular, se inste, dende o pleno do concello, a que o goberno central inclua unha serie de acción de carácter inmediato, tales como unha baixada de impostos e do prezo da energía, así como axustes estructurais e ferramentas de impulso económico para os sectores mais afectados.

Resulta imprescindible, que dende todos os ámbitos políticos, tamen desde os concellos gallegos, impulsemos acordos que dende o punto de vista constructivo e leal, teñan como finalidade traballar polas familias e empresas do noso país