miércoles 8/12/21
PLENO 27.08.2015

NOVA ORDENANZA DE TERRAZAS NO ESPAZO PÚBLICO

O martes de entroido e o 18 de Xullo, serán os festivos locais, proposta consensuada por unanimidade.

pleno 27.08
pleno 27.08

NOVA ORDENANZA DE TERRAZAS NO ESPAZO PÚBLICO

Todos os grupos felicitaron o grupo de goberno e sobre todo ós técnicos do Concello, primeiro por facer esta nova regulación e segundo polo ben que estaba redactada.

A partir do 1º de ano regularase a superficie en metros cadrados e non en número de mesas, ademais de outras regulacións dependendo de onde se atopen e a distribución por zonas de 1ª, 2º, 3º e 4ª. Con algún matiz, no caso da avd/ Ourense e Madrid, na  que o grupo  de goberno  tamén estaba de acordo, aprobouse por unanimidade.

NON ASÍ AS TAXAS

No que non se puxeron de acordo foi nas taxas correspondentes.  A oposición falaba dunha suba de entre o 14 e o 16% e propuña o BNG unha rebaixa do 50% e o PSOE a anulación.

O Alcalde contestoulle que se esqueceran de que as rúas de 3º reducíanse nun 20% e as de 4ª en mais dun 100%, ¡que casualidade!. Outra vez saíu a relucir o famoso plan de axuste, e o Alcalde botoulle un “órdago” ós membros da oposición.

Si a queren reducir, ou eliminar, vostedes voten a favor, e o grupo de goberno absterémonos, co cal quedará aprobado o que vostedes propoñen. A esta proposta a resposta foi o silencio, por parte da oposición. Unha vez pedidos os votos a proposta do grupo de goberno, foi aprobada cos votos do PP, votando en contra o resto dos grupos.

Comentarios