Nova plataforma cidadá en Xinzo, en defensa do avance cara o futuro da vila e os pobos

Sixto traveso
Nova plataforma cidadá en Xinzo, en defensa do avance cara o futuro da vila e os pobos

Comezou para protestar polo estado en que se atopan as instalacións das piscinas de verán, pero queren ir máis aló, aínda que nada de política.

Todo comezou a semana pasada, cando un usuario das piscinas, que xa leva vivindo en Xinzo moitos anos, comezou a recoller sinaturas para facer unha protesta formal ante o concello.

Naquel momento Sixto Traveso, que foi o impulsor, comezou a recibir manifestacións dos asinantes no mesmo senso que el ten, que non é outra idea que a de que Xinzo leva moitos anos sen avanzar, e todo segue igual.

Nos queremos que os nosos fillos queiran volver a Xinzo cando sexan maiores e por este camiño non o vamos a conseguir.

VÉNDESENOS POR PARTE DO GOBERNO COUSAS, QUE SOLO ESTAN NAS FOTOS, NON NA REALIDDE.

Para por un exemplo Sixto fai referencia as noticias saídas en prensa sobre as marabillosas piscinas que íamos ter este verán, e logo vemos que se repiten as mesmas situacións e problemas dende os últimos 10 anos, por protesta unha data.

Todo se queda en fotografías e vistas.

Máis exemplos, témolo nas últimas obras de avenida de Celanova, sitial, etc. Calquera que pasee por elas dáse conta que o control técnico sobre as mesmas foi inexistente. A estrada non desauga como debía. As lousas estanse levantando e fixéronlle entradas as fincas a quen eles quixeron, segue manifestando Sixto.

PISTA A CARON DO LIMIA

Agora anuncian a “bombo e platillo” unha nova pista de paseo do outro lado do Limia. Nos preguntamos, falaron cos propietarios das fincas, todas ermas, para poder facer algo decente? E así poderíamos seguir enumerando cousas, cas que nos damos conta que parece que o único que interesa son as fotos.

IMG_20210723_135150

NON QUEREMOS SABER DE POLÍTICA, VAI A SER UNHA PLATAFORMA DE XENTE QUE QUEIRA A XINZO, E QUE O QUEIRA VER CADA DÍA MELLOR.

Sixto quedou sorprendido pola boa acollida por parte da xente coa que xa falou sobre a creación da plataforma civil, igual que se fixo cando se creou a plataforma en defensa das árbores da estrada de Celanova.