Novas normas a implementar en toda Galicia

Feijóo, foto de arquivo
Novas normas a implementar en toda Galicia
“Estas son as medidas que nos dita o comité clínico e que imos aplicar polo ben común dos galegos”,-Pte. Xunta

Na súa comparecencia, hoxe o Presidente da Xunta, avanzou as novas medidas que van a implementarse en Galicia:

.- Limitación das saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distanciamento e hixiene establecidas desde hai meses; e o incremento das limitacións de aforo en grandes establecementos comerciais, de xeito que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo –nas tendas, continúa o aforo do 50 % como ata agora–.

“En toda Galicia, redúcese o aforo no transporte público non escolar: o transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos; e o transporte interurbano co 50%”, avanzou, subliñando que o transporte escolar queda garantido, toda vez que os asentos están asignados desde o principio de curso.

“Toca ampliar as limitacións pola nosa saúde e pola saúde dos nosos. Pero tamén toca facelo pola economía, porque canto máis se tarde en actuar, máis difícil e longa será a contención e máis profunda, por tanto, a afectación económica”, abundou.

Sobre este último punto, anunciou que mañá, no Consello da Xunta, o Goberno galego avaliará novas medidas de apoio ao sector da hostalaría e aos seus traballadores, que son “os que máis afectados se ven polas limitacións”.

O presidente do Executivo galego concluíu agradecendo unha vez máis aos galegos a súa responsabilidade, amosada desde o primeiro momento da pandemia.